martes, 22 de marzo de 2016

XEOLATRÍAS

ALTAR DE GONDOMIL.- Tamén chamado altar da Pedra da Serpe. Ubicado na aldea do mesmo nome, na parroquia de Sto. Adrián de Corme. Segundo a lenda o país estaba inzado de serpes, e Sto. Adrián que andaba por alí predicando, para libra-los moradores daquela praga, feriu fortemente o chan con pé e toda-las serpes desapareceron ficando enmeigadas debaixo da pedra e aparecendo esculpida nela o ofidio.
No detalle do gravado, moitos ven o simbolo da antiga relixión dos kimris co culto ofilátrico, que tamén foi coñecido noutras comarcas de Galiza.
 
ALTAR DE GONDOMIL.- También llamado altar de la "Pedra da Serpe". Ubicado en la aldea del mismo nombre, en la parroquia de San Adrián de Corme. Según la leyenda el país estaba invadido de serpientes, y San Adrián que andaba por alli predicando, para librar a los moradores de aqulla plaga golpeó fuertemente el suelo con el pié y todas las serpientes desaparecieron quedando embrujadas debajo de la piedra y apareciendo esculpida en ella el ofidio.
En el detalle del gravado muchos ven el símbolo de la antigua religión de los kimris con el culto ofilátrico, que tamién fué conocido en otras comarcas de Galicia.
 
ALTAR DA VIRXE.- Pena que se atopa no cumio próximo ao santuario de Pastoriza, perto da Coruña, e que noutros tempos parece haber sido altar druídico. Forma un conglomerado de enormes pedras con toda-as características de un dolmen derrubado.
 
ALTAR DA VIRXE.- Peña que se encuentra en una cumbre próxima al santuario de Pastoriza cerca de A Coruña, y que en otros tiempos parece haber sido altar druídico. Forma un conglomerado de enormes piedras con todas las características de ser un dolmen derrumbado.
 
ALTAR DOS BICOS.- Penedo con gravados rupestres descuberto en Montealto na Coruña. Posuía unhos seis metros e no centro que é chan víanse esculpidas figuras que representarían danzas cerimoniais de moitas mulleres e un só home a cabalo. Posiblemente ergueuse na lembranza dun xefe de tribo e tamen é unha representación primitiva sobre a domesticación do cabalo.
 
ALTAR DOS BICOS.- Peñasco con granvados rupestres descubierto en Montealto en A Coruña. Poseía unos seis metros y en el centro que es llano se veían esculpidas figuras que representarían danzas ceremoniales de muchas mujeres y un solo hombre a caballo. Posiblemente se levantó en recuerdo de un jefe de tribu y también es una representación primitiva sobre la domesticación del caballo.
 
ALTAR DOS CORGOS.- Altar das pozas e das pucharcas, así chamado polas fochas con cavidades que ten a rocha na parte superior, e que se atopa na comarca do Ulla, perto de Santiago.
 
ALTAR DOS CORGOS.- Altar de las pozas y de las charcas, así llamado por las covachas con cavidades que tiene la roca en la parte superior, y que se encuentra en la comarca del Ulla, cerca de Santiago.
 
ALTAR DRUÍDICO.- Pódese dicir que foron altares druídicos os monumentos prehistóricos que hai en Galiza e que se denominan altares naturais, especialmente os que se atopan nas fragas e nos montes e conservan na rocha a cavidade e o canle esixidos para os antigos sagrificios.
Hainos por todo o país, ainda que moitos foron destruidos na procura de lendarios tesouros ou para esborranchar calqueira indicio de relixión precedente, e outros foron cristianizados gravando nelas cruces, colocando na superficie un cruceiro ou coroándoos cunha imaxe da virxe.
 
ALTAR DRUÍDICO.- Se puede decir que fueron altares druídicos los monumentos prehistóricos que hay en Galicia y que se denominan altares naturales, especialmente los que se encuentran en los bosques y en los montes y conservan en la roca la cavidad y el canal exigidos para los antiguos sacrificios.
Los hay por todo el país, si bien muchos fueron destruidos por la búsqueda de legendarios tesoros o para borrar cualquier indicio de religión precedente, y otros fueron cristianizados gravando en ellas cruces, colocando en la superficie un crucero o cononándolos con una imagen de la virgen.
 
AMILLADOIROS.- Morea grande de pedras que hai as beiras dalguns camiños dende onde se albiscan algúns santuarios galegos, como os de Santiago Apóstolo e Sto. André de Teixido.
É costume en Galiza que todo romeiro que vai visitar por primeira vez a imaxe do santo ao que se encomendou en momentos de anguria, de doenza grave ou de perigo de morte, ten a obriga moral de guindar unha pedra , recollida no traxecto antes de chegar ó santuario, pois de non facelo así corre o risco de que o voto feito non se considere cumprido de todo.
 
AMILLADOIROS.- Montón grande de piedras que hay en las orillas de algunos caminos desde donde se divisan algunos santuarios gallegos, como los de Santiago o S. Andrés de Teixido.
Es costumbre en Galicia que todo romero que vaya visitar por primera vez la imagen del santo al que se encomendó en momentos de angustia, de enfermedad grave o de peligro de muerte, tiene la obligación moral de tirar una piedra, recogida en el trayecto antes de llegar al santuario, pues de no hacerlo así corre el riesgo de que el voto hecho no se considere cumplido del todo.

COVAS.- Moi abondosas na Galiza, a meirande parte delas teñen as suas lendas cos seus mouros misteriosos, xigantes terroríficos, os tesouros ocultos, e as suas doncelas fiadeiras, coidadoras das galiñas cos pitos de ouro.

COVAS.- Muy abundantes en Galicia, la mayor parte de ellas tiene sus leyendas con sus mouros misteriosos, gigantes terroríficos, tesoros ocultos, y sus doncellas hilanderas, cuidadoras de las gallinas con los polluelos de oro.

A FURADA DOS CANS.- Situada en Vilamor ó norde de Mondoñedo. É un importante xacemento do neolítico. Nel atopáronse instrumentos de pedra tallada e trebellos de bronce, como estiletes e punzons.

A FURADA DOS CANS.- Situada en Vilamor, al norte de Mondoñedo. Es un importante yacimiento del neolítico. En el se encontraron instrumentos de piedra tallada y utensilios de bronce, como estiletes y punzones.

COVA DA CURUXA.- Da conta dela Vasco de Aponte, nun relato fantástico, no que relata que foi visitada por un conde de Altamira, xunto cun negrumante e trinta escudeiros con fachos acendidos, cordas e armas para recoller un gran tesouro. Perdéronse nela, ata que chegaron a un río caudaloso e viron na outra marxe xentes estranas, ricamente vestidas, tanxendo instrumentos enriba de grandes tesouros.  O pavor ó río fixolles da-la volta mentres o negrumante animábaos a seguir; pero ergueuse tal ventoeira que lles apagou os fachos, e cando deron saído da cova, deu neles un aire pezoñento que matou a maioría denantes dun ano, e o conde ficou cego. O cronista non indica ónde estaba ubicada esta cova, que mais parece lendaria que histórica.

COVA DA CURUXA.- Da noticia de ella Vasco de Aponte, en un relato fantástico en el que relata que fué visitada por un conde de Altamira, junto con un nigromante y treinta escuderos con antorchas encendidas, cuerdas y armas para recoger un gran tesoro. Se perdieron en ella, hasta que llegaron a un río caudaloso y vieron en la otra margen gentes extrañas, ricamente vestidas, tañendo instrumentos encima de grandes tesoros. El pavor al río les hizo dar la vuelta, mientras el nigromante los animaba a seguir; pero se levantó tal ventolera que les apagó las antorchas y cuando dieron salido de la cueva, les atacó un aire pezoñento que mató a la mayoría de ellos antes de un año, y el conde quedó ciego. El cronista no indica donde estaba situada esta cueva, que parece más legendaria que histórica.

COVA DA DONCELA.- Nome co que se coñece unha cova cercana a Viveiro, dotada dunha poética lenda que anda en boca da xente e fala dunha moza enfeitizada, víctima de amores aciagos.

COVA DA DONCELA.- Nombre con el que se conoce una cueva próxima a Viveiro, dotada de una poética leyenda que anda en boca de la gente y habla de una joven hechizada, víctima de amores aciagos.

COVA DA MEIGA.- Atópase en Cervantes, nos Ancares. A crenza popular forxou arredor dela curiosas lendas relacionadas con bruxas, meigas e fadas que moran na mesma.

COVA DA MEIGA.- Se encuentra en Cervantes, en loss Ancares. La creencia popular forjó alrededor de ella curiosas leyendas relacionadas con brujas, meigas y hadas que moran en la misma.

COVA DA MOURA.- Dolmen de cámara circular na comarca de Noia no monte Páramo, composta de sete pedras duns dous metros  de altura colocados verticalmente en forma de círculo lítico. A lenda di que alí había agochado un gran tesouro, gardado por unha princesa moura.

COVA DA MOURA.- Dolmen de cámara cirdular en la comarca de Noia en el monte Páramo, compuesta de siete piedras de unos dos metros de altura, colocados verticalmente en forma de círuclo lítico. La leyenda dice que allí había escondido un gran tesoro, guradado por una princesa moura.

COVA DAS CHOIAS.- Atópase entre os concellos do Incio e Pobra de Brollon. É un subterráneo de grandes dimensions na serra de Viduedo; a súa bóveda amosa enormes penedos que penduran dun punto estreitísimo, créndose que estaba habitada por mouros que atesouran grandes riquezas e amosan distintas formas, mesmo a de lagartos para non seren delatados.

COVA DAS CHOIAS.- Se encuentra entre los municipios de O Incio y A Pobra de Brollón. Es un subterráneo de grandes dimensiones en la sierra de Viduedo; su bóveda muestra enormes peñascos que cuelgan de un punto estrechísimo, creyéndose que está habitada por mouros que atesoran grandes riquezas y muestran distintas formas, mismo la de lagartos para no ser delatados.

COVA DA SERPE.- Atópase nun monte do concello de Friol. Unha lenda conta que a filla dun fidalgo, señor da Torre de San Paio de Narla, namorouse dun plebeo. O pai opúxose a dita relación, polo que a moza fuxiu co mozo e fóronse agachar a cova da serpe, sen decatarse do perigo. Saíu o reptil e o mozo cun pequeno puñal, pelexou con ela como un perdido, conseguindo facerlle unha ferida de morte na testa, pero ela trabouno e morreron ámbolos  dous. A moza toleou e rematou fundando un convento e ao mozo enterraronno no adro da igrexa parroquial de Friol.

COVA DA SERPE.- Se eucuentra en monte del municipio de Friol. Una leyenda cuenta que la hija de un hidalgo, señor de la Torre de San Paio de Narla, se enamoró de un joven plebeyo. El padre se opuso a dicha relación, por lo que la joven huyó con el novio yéndose a esconder en la cueva de la serpiente, sin darse cuenta del peligro. Salió el reptil y el joven con un pequeño puñal, peló con ella desesperado, consiguiendo hacerle una herida en la cabeza, pero la serpiente le mordió y murieron ambos. La novia enloqueció y terminó fundando un convento, y al novio lo enterraron en el atrio de la iglesia parroquial de Friol.

COVA DAS TEIXOEIRAS.- Na costa de Herbes, no concello de Carral está ubicada. Ten varias galeirías sendo circular a entrada e con bóveda rudamente labrada. En diferentes épocas serviu de escondite de bandoleiros e fuxidos.

COVA DAS TEIXOEIRAS.- En la costa de Herbes, que está ubicada en el muniucipio de Carral. Tiene varias galerías, siendo circular la entrada y con bóveda rudamente labrada. En diferentes épocas sirvió de escondite a bandidos y escapados.

COVA DA ANCA.- Na ría de Sada abre a súa boca debaixo dos restos do castelo de Fontán e conécese tamén como furna de Morazón.

COVA DA ANCA.- En la ría de Sada abre su boca debajo de los restos del castillo de Fontán y se conoce también como gruta de Morazón.

COVA DE BERMÚN.- Na comarca luguesa de O Incio. Segundo a popular crenza, foi obxeto de acontecementos lendarios. Ten dous kilómetros de longo e remata nun río caudaloso.

COVA DE BERMÚN.- En la comarca luguesa de O Incio. Según la creencia popular, fué objeto de acontecimientos legendarios. Tiene dos kilómetros de largo y termina en un río caudaloso.

COVA DO LOBO.- Penedo furado, á beira da ermida de S. Benito de Cova de lobo, que hai no cume dun monte preto de Allariz e que posúe a virtude de sandar ó rapaz raquítico atacado de tangaraño, sempre que a nai o meta polo burato do penedo e o recolla a madriña polo extremo oposto, mentras di a maneira de ensalmo: "Señor San Benito. Meu fillo che traio; doente cho deixo, devólvemo sano".

COVA DO LOBO.- Peñasco horadado, a la orilla de la hermita de S. Benito de Cova de Lobo, que hay en la cumbre de un monte cerca de Allariz y que posee la virtud de curar la chiquillo raquítico afectado de raquitismo, siempre que la madre lo meta por el agujero del peñasco y lo recoja la madrina por el extremo opuesto, mientras dice a la manera de en ensalmo. "Señor San Benito. Mi hijo te traigo; enfermo de lo dejo, devúelvemelo sano".

COVA DE OIS.- No concello de Bergondo. Da súa terra afirman a tradición e as xentes da comarca que, esparexida polas sementeiras, escorrenta ou mata tódolos insectos prexudicias para a agricultura.

COVA DE OIS.- En el municipio de Bergondo. De su tierra  afirman la tradición y las gentes de la comarca que, esparcida por los sembrados, ahuyenta o mata todos los insectos perjudiciales para la agricultura.

COVA DE SANTA CRISTINA.- Atópase nun castro perto de Lugo. Afirman as xentes do lugar que por ela se metían os rapaces e os porcos; os rapaces voltaban logo cheos de medo, pero os porcos as veces tardaban ata oito días e traían nos pés restos do millo que había dentro. Contan tamén que moitos días víase nos arredores da boca da cova unha moza fiando e coidando un fato de galiñas.

COVA DE SANTA CRISTINA.- Se encuentra en un castro cerca de Lugo. Afirman las gentes del lugar que por ella se metián los chiquillos y los cerdos; los chiquillos volvías después llenos de miedo, pero los cerdos tardaban hasta ocho días y traían en los pies restos de maíz que había dentro. Cuentan tambien que muchos días se veía en los alrededores de la entrada de la cueva una joven hilando y cuidando un  grupo de gallinas.

COVA DO FONFORRÓN.- Situada nas marxes do mar en Porto do Son que, aínda que se coñece como cova, é mais propiamente unha furna.

COVA DO FONFORRÓN.- Situada en las márgenes del mar en Porto do Son que, si bien se conoce como cueva, es mas propiamente una gruta.

COVA DO REI CINTOLO.- É unha das mais nomeadas de Galiza. Atópase en Argomoso no concello de Mondoñedo. Acada unha lonxitude de douscentos metros, aínda que hai quen di que ata agora nunca se lle atopou o remate. Esta cova é posuidora de fabulosas lendas de reis, damas enfeitizadas, tesouros e dragons e sobre ela opinaron historiadores, discurriron novelistas e fantasearon poetas canto puido suxerirlles o maxín.

COVA DO REI CINTOLO.- Es una de las más renombradas de Galicia. Se encuentra en Argomoso en el municipio de Mondoñedo. Alcanza una longitud de doscientos metros, si bien hay quien afirma que hasta ahora nunca se le encontró el final. Esta cueva es poseedora de fabulosas leyendas de reyes, damas hechizadas, tesoros y dragones y sobre ella opinaron historiadores, discurrieron novelistas y fantasearon poetas hasta donde pudo sugerirles su imaginación.

COVA DE SANTA MARIÑA.- Chamada tamén "boca de sangue". Situada en Ares. Nela óense moitas noites ruídos intensos que quen os sinte durante moito tempo non tarda en morrer. A sua orixe está nuns supostos amores adúlteros do século XIV, que acabaron co enterro alí dos amantes polo enganado esposo.

COVA DE SANTA MARIÑA.- Llamada tambien "boca de sangre". Situada en Ares. En ella se oyen muchas noches ruídos intensos que quien los siente mucho tiempo no tarda en morir. Su origen está en unos supuestos amores adúlteros del siglo XIV, que acabaron con el entierro allí de los amantes por parte del engañado esposo.

COVA DO PICO SACRO.- Atópase no cume do curuto e son duas covas de moita profundidade, sendo coñecidas pola xente como o Pazo da Raiña Lupa, que tan importante foi na translación do corpo do Apóstolo Santiago.

COVA DO PICO SACRO.- Se encuentra en la cumbre de la cúspide de dicho pico, y son dos cuevas de mucha profundidad, siendo conocidas por la gente como el Palacio de la Reina Lupa, que tan importante fué en la traslación del cuerpo del Apostol Santiago.

No hay comentarios:

Publicar un comentario