miércoles, 12 de febrero de 2014

LIMIAR

     Como afeizoado pola mitoloxía de Galiza, decidín levar a cabo unha recopilación de todos os seres míticos que poida xuntar, basándome en libros ou enciclopedias que traten dita temática.
     Será a xeito de breviario, posto que o tema é moi exhaustivo, dada a grande riqueza que existe no noso país sobre este tema.
     Confeso que non vai ser moi orixinal ou creativo, senón mais ben a xeito de plaxio sobre o que xa escribiron ou recopilaron expertos nesta materia, pero eso sí, intentarei incluir fotos ou debuxos en todas as entradas posibles.
     Suliñar que as referencias mais importantes han ser a "ENCICLOPEDIA DOS SERES MÍTICOS GALEGOS", a "GRAN ENCICLOPEDIA GALEGA", e o "BREVIARIO ENCICLOPÉDICO" de
D. Eladio Rodriguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario